EMOTIVO MINUTO DE SILENCIO COMO HOMENAXE AO GRANDE FRANCISCO GARCÍA

No seu 33 cabodano, o BNG rende tributo ao pensamento e á acción de Moncho Valcarce

Homenaxe BNG a Moncho Valcarce, 31 de xaneiro de 2026.
Un momento da homenaxe
Como cada ano, e desta volta no 33 aniversario do seu pasamento, o Bloque Nacionalista Galego da Coruña rendeu tributo, no cemiterio de Santo Amaro, á memoria de Moncho Valcarce, o cura das Encrobas.
No seu 33 cabodano, o BNG rende tributo ao pensamento e á acción de Moncho Valcarce

Hoxe o seu pensamento e o seu activismo -sempre a carón das clases populares e en defensa dos dereitos nacionais da Galiza- están máis vixentes que nunca, como se ten demostrado nas mobilizacións en defensa do país e contra Altri e no movemento contra as nefastas consecuencias que para o agro vai ter o acordo da UE con Mercosur.

Na homenaxe, tomou a palabra unha persoa que o coñecía moi ben, o dirixente do Sindicato Labrego Galego Xosé Ramón Cendán. “De Moncho aprendín moitas cousas, sobre todo ese sindicalismo de cociña, de estar nas casas da xente partillando loitas e preocupacións”, afirmou.

Cendán -como tamén na presentación do acto fixera o secretario de organización do BNG coruñés, Fran Rei- mostrou a súa convicción de que hoxe Moncho Valcarce estaría a se mobilizar contra o acordo da UE con Mercosur.

WhatsApp Image 2026-01-31 at 13.03.43

“Ese acordo quita dereitos ás persoas e dállos ás grandes financeiras, ás grandes multinacionais. Esas grandes financeiras e multinacionais teñen no noso país o apoio dos caciques contra os que sempre loitou Moncho”, concluíu.

Minuto de silencio na memoria de Francisco García

As persoas reunidas no cemiterio gardaron tamén un emotivo minuto de silencio na memoria de Francisco García, quen fora secretario de Organización do BNG e alcalde de Allariz, sen dúbida un dos grandes referentes do nacionalismo galego pola firmeza das súas ideas e pola súa bonhomía.

No seu 33 cabodano, o BNG rende tributo ao pensamento e á acción de Moncho Valcarce