En resposta ao BNG, o Goberno Local di que obrigará a que se aplique o convenio colectivo nas instalacións deportivas
Na pregunta que dá orixe a esta resposta, o portavoz nacionalista salientaba que “a empresa debe ao cadro de persoal a diferenza entre o IPC de decembro de 2021 (6,5%) e a actualización realizada a comezos do ano 20221 (2,5%). Estaríamos a falar, pois, do incumprimento do convenio colectivo e dunha mingua de máis de 500 euros no total percibido por cada traballador/a.
“Estes incumprimentos están a supoñer unha perda de poder adquisitivo por parte das empregadas e empregados de arredor do 7% a respecto de comezos de 2021”, denunciaba o voceiro nacionalista.
“Que solucións pensa arbitrar o Goberno Local ante esta situación?”, inquiría na súa iniciativa Jorquera, ao que que o Executivo responde con que obrigará as partes a cumprir o convenio colectivo.
Jorquera denuncia que as traballadoras e traballadores perderon 7% do seu poder adquisitivo a respecto de comezos de 2021
A resposta do Goberno Local chega cando, de acordo con informacións xornalísticas, o comité de empresa vai denunciar a Serviplus S.L., a titular da concesión, por incumprimento do convenio, demanda que fará extensiva ao Concello “como responsábel subsidiario”.
O Goberno Local comunícalle ao BNG que se ten reunido coa representación do cadro de persoal “sempre que foron requiridas as reunións e as mediacións”.