O protocolo sobre a fachada marítima é un paso "positivo", mais "simplemente marca un comezo e está todo aínda por facer"

20240522_113917
Jorquera conversa con Isabel Pardo de Vera, a persoa designada polo Goberno Local para dirixir o Plan estratéxico A Coruña 2030-2050
O portavoz do BNG no Concello e presidente da Comisión Especial da Fachada Marítima, Francisco Jorquera, avalía como “positiva” a sinatura do protocolo entre as distintas administracións públicas para a transformación dos terreos do porto interior -feita esta mañá en María Pita-, mais ao tempo advirte que “simplemente marca un comezo, está todo aínda por facer”.
O protocolo sobre a fachada marítima é un paso "positivo", mais "simplemente marca un comezo e está todo aínda por facer"

O portavoz do BNG no Concello e presidente da Comisión Especial da Fachada Marítima, Francisco Jorquera, avalía como “positiva” a sinatura do protocolo entre as distintas administracións públicas para a transformación dos terreos do porto interior -feita esta mañá en María Pita-, mais ao tempo advirte que “simplemente marca un comezo, está todo aínda por facer”.

O BNG sempre defendeu que a transformación do porto interior -o deseño da nova fachada marítima da cidade- é unha tarefa que compete a todas as administracións públicas, polo que estas “teñen que participar e colaborar, tamén economicamente”. De aí que a mellor fórmula sexa a de constituír un consorcio, remarcou.

“O compromiso de reestruturar a débeda é un primeiro paso, mais insuficiente: hai que demandar a condonación”

 

O BNG avalía como positivo que se parta da idea de os peiraos manteren a titularidade pública, ben como tamén o consenso entre as administracións sobre a necesidade de a dársena interior continuar a ser un motor económico da cidade e da Galiza.

Canto ao compromiso de reestruturación da débeda que pesa sobre a Autoridade Portuaria coruñesa pola construción do porto exterior, Jorquera xúlgao como “un primeiro paso, mais insuficiente: hai que demandar a condonación”.

 

O protocolo sobre a fachada marítima é un paso "positivo", mais "simplemente marca un comezo e está todo aínda por facer"