A proposta do BNG, o Pleno aproba unha moción conxunta esixindo a liberación de Ana Baneira

votaçom
O Pleno aprobou a moción por unanimidade
A proposta do voceiro do BNG, Francisco Jorquera, os catro grupos municipais (o socialista, o nacionalista, o da Marea e o do PP) acordaron un texto conxunto en demanda da inmediata liberación da moza coruñesa Ana Baneira, detida e encarcerada no Irán, en paradoiro neste momento descoñecido, pola súa participación nun protesto pola morte de Mahsa Amini.
A proposta do BNG, o Pleno aproba unha moción conxunta esixindo a liberación de Ana Baneira

Jorquera tomou a palabra no transcurso da sesión matutina do Pleno para, alén de se solidarizar con Ana Baneira, suxerir que se alterase a orde do día e se introducise por vía de urxencia un acordo conxunto dos catro grupos municipais a esixir a imediata liberación da moza coruñesa e tamén do cidadán español, identicamente arrestado polas autoridades iranianas, Santiago Sánchez.

A alcaldesa recolleu a proposta de Jorquera e deu paso a unha breve interrupción para os voceiros dos grupos acordaren un texto conxunto que se someteu a votación e que naturalmente foi aprobado por unanimidade.

A moción aprobada foino nestes termos:

Ante la información trasladada pola axencia de dereitos humanos Hrana sobre a detención da coruñesa Ana Baneira en Irán e o descoñecemento sobre o seu paradeiro, e á espera de recibir máis datos do Ministerio de Asuntos Exteriores, o pleno da Corporación Municipal da Coruña acorda:

1. Esixir a inmediata liberación de Ana Baneira xunto coa de Santiago Sánchez, detido tamén en Irán.

2. Solicitar ao Ministerio de Asuntos Exteriores que realice todas as xestións necesarias para conseguir a súa liberación. 

3. Trasladar o seu apoio e respaldo á familia e achegados.

4. Dar traslado do presente acordo ao Ministerio de Asuntos Exteriores.

 

 

A proposta do BNG, o Pleno aproba unha moción conxunta esixindo a liberación de Ana Baneira