Profunda preocupación perante os últimos acontecementos arredor do noso querido Dépor

BNG no Día das Peñas do Deportivo.
Avia Veira, Francisco Jorquera e Rai Martínez, cun grupo de deportivistas, no recente Día das Peñas
Desde o BNG da Coruña queremos expresar a nosa profunda preocupación polos últimos acontecementos arredor do noso querido RC Deportivo.
Profunda preocupación perante os últimos acontecementos arredor do noso querido Dépor

Como institución senlleira da nosa cidade, non podemos entender o Dépor como unha simple entidade mercantil suxeita a meras decisións empresariais.

O Dépor é moito máis do que iso, son xeracións de sentimento, son momentos compartidos por miles de persoas da nosa contorna e de toda Galiza e, por suposto, tamén de alén do noso país.

Permaneceremos atentos e vixilantes ao desenvolvemento dos acontecementos esixindo a máxima transparencia ao dono maioritario (que non único) da institución e a articulación das medidas necesarias para que o RC Deportivo goce dun futuro prometedor.

O Dépor é a súa xente!

 

Profunda preocupación perante os últimos acontecementos arredor do noso querido Dépor