O PP terá que explicar en pleno os usos proxectados no edificio do antigo go
A Coruña, 2 de setembro de 2014- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego formulará no pleno do vindeiro luns unha pregunta oral para que o Goberno do Sr. Negreira explique os usos que ten proxectado desenvolver no edificio do antigo goberno e no edificio municipal de Durán Loriga ante a ausencia de explicacións.
As nacionalistas lembran que o proxecto de rehabilitación e restruturación parcial do edificio do antigo goberno militar revela que ademais de acoller o centro cívico, trasladaranse ao predio o Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, o Centro Galego de Artes e da Imaxe (CGAI) e a Biblioteca de Estudos Locais, situados estes no edificio que o Concello ten en Durán Loriga número 10, amais de sedes de diversas academias.
As nacionalistas agardan que o Goberno Local explique, tamén, que vai acontecer cos espazos baleiros que queden no edificio municipal de Durán Loriga tras os traslados contemplados no proxecto do edificio da rúa Veeduría.