O PP queda en evidencia ao se comprobar que o porto exterior non funciona a pleno rendemento

O PP queda en evidencia ao se comprobar que o porto exterior non funciona a pleno rendemento

A Coruña, 2 de setembro de 2013.- O Grupo municipal do BNG sinala, logo da empresa encarregada de transportar o casco do buque Adelaide decidise non realizar a operación de carga en Langosteira e trasladala a Vigo porque considera que alí son maiores as condicións de seguridade, que quen anunciaba a bombo e platillo o pleno funcionamento do Porto Exterior queda agora en evidencia a non estaren rematadas as infraestruturas necesarias para garantir a súa operatividade. Pois, subliñan as nacionalistas, sen o contradique e sen a conexión ferroviaria vese como o Porto de Langosteira non é tan operativo como afirma o PP desde Autoridade Portuaria e outras institucións públicas.

A noticia da mudanza do lugar da operación, afirma o Grupo municipal do BNG, sucede cando se anticipa por motivos electorais a posta en funcionamento de certas infraestruturas sen ter executado aínda todas as obras que garantan a operatividade nunhas condicións de seguranza óptimas das instalacións. Así, vendéusenos o pleno funcionamento do Porto Exterior cando aínda non se tiña garantido as condicións necesarias para a súa operatividade a través do correspondente contradique.

O Porto Exterior precisa do contradique para ser operativo, mais tamén da conexión ferroviaria, manifestan as nacionalistas, unha infraestrutura sen a cal se impide o normal funcionamento e potenciación do Porto de Langosteira e que o Partido Popular renuncia a construír até, como mínimo, o 2017, consignándoselle este ano tan só 50.000 euros nos orzamentos xerais do Estado.

 

O PP queda en evidencia ao se comprobar que o porto exterior non funciona a pleno rendemento