O PP dedicálle unha praza a un tal "Josep" Sellier

O PP dedicálle unha praza a un tal "Josep" Sellier

A Coruña, 5 de novembro de 2013.- O Goberno do PP vén de cambiarlle o nome ao fotógrafo José Sellier e, no canto de dedicarlle unha praza ao pioneiro da cinematografía no Estado español, dedicoulle o espazo a un tal “Josep” Sellier. Así, a placa que lle dá nome á praza non pon nin José Sellier nin tampouco Joseph Sellier, pon Josep Sellier, nome catalán. Chama a atención este cambio de nome cando José Sellier é tan recoñecíbel que até protagoniza un premio especial dos Mestre Mateo.

Neste contexto, o BNG presentou unha pregunta escrita para coñecer a razón deste cambio de nome e para saber se vai substituír a placa errada. A concelleira do BNG María Xosé Bravo pregúntase se é que o alcalde, ao igual que Feijóo con Picasso, pensou que Sellier era catalán.

 

O PP dedicálle unha praza a un tal "Josep" Sellier