PETICIÓN CONXUNTA DE BNG E A MAREA ATLÁNTICA
O pleno extraordinario sobre os orzamentos da Xunta vaise realizar este martes
Trátase de formular unha posición de concello perante as contas do Goberno galego para posteriormente ser trasladada, para a súa toma en consideración, ao Parlamento da Galiza.
A xuízo do BNG, e tal e como no seu día os caracterizou Francisco Jorquera, os orzamentos da Xunta para 2020 son, vistos desde a perspectiva da cidade da Coruña,"decepcionantes e marcadamente insuficientes" ao non responder nin as necesidades sociais máis prementes nin servir para dinamizar a economía local e contribuír para a criación de emprego de calidade.