UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA

Pedímoslle ao Goberno Local que actúe para que o polígono de Vío non se use como circuíto ilegal de carreiras de coches

poligono de vio
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo ao Goberno Local para que se tomen as medidas precisas que rematen coa utilización do Polígono de Vïo como circuíto "improvisado" de carreiras de coches.
Pedímoslle ao Goberno Local que actúe para que o polígono de Vío non se use como circuíto ilegal de carreiras de coches

Na exposición de motivos desta iniciativa, relata Jorquera que o uso deste espazo como circuíto irregular de carreiras de automóbeis comezou hai 5 anos "e téñense concentrado até 20 vehículos" para participaren en competicións ilegais.

Esta práctica, denuncia o voceiro nacionalista, "representa un perigo para a seguridade das persoas e é fonte de continuas molestias para a veciñanza dos lugares da contorna".

Faise eco Jorquera de que a Asociación Veciñal de Novo Mesoiro "vén de denunciar que desde o xoves 28 de maio, e nomeadamente as fins de semana, foron varios os vehículos que empregaron Vío para este tipo de actividades que se prolongaron até avanzada a madrugada".

Pedímoslle ao Goberno Local que actúe para que o polígono de Vío non se use como circuíto ilegal de carreiras de coches