As obras de urbanización da Mariña carecen de autorización municipal expresa

As obras de urbanización da Mariña carecen de autorización municipal expresa

A Coruña, 27 de febreiro de 2015.- Logo de ter accedido ao expediente administrativo, O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego puido comprobar que as obras de urbanización en superficie da Mariña, que supoñen o derrubo do edificio de Sanidade, non teñen autorización municipal expresa.

O expediente administrativo, no que tampouco existe solicitude de autorización municipal por parte de Autoridade Portuaria, só figura o convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria para o desenvolvemento da mobilidade da Dársena da Mariña e o Parrote e as súas distintas adendas. Mais isto, salientan as nacionalistas, non exime a Autoridade Portuaria do deber de solicitar a autorización municipal e do deber de a obter para a execución destas obras.

 

 

As obras de urbanización da Mariña carecen de autorización municipal expresa