NA SESIÓN QUE O CONCELLO REALIZARÁ O PRÓXIMO 14M

O BNG defenderá no Pleno unha moción para a Xunta garantir unha repartición controlada de máscaras e luvas

mascarilla
mascarilla
A concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno do Concello, a ter lugar o vindeiro xoves 14M, unha moción para o Goberno Local se dirixir á Xunta de Galiza co obxectivo de que a administración galega, no uso das súas competencias, garanta o acceso "controlado e seguro"  a máscaras e luvas por parte da poboación, nomeadamente a máis exposta ao coronavirus.
O BNG defenderá no Pleno unha moción para a Xunta garantir unha repartición controlada de máscaras e luvas

"A máscara chegou ás nosas vidas para quedar. Imos ter que as empregar durante un tempo. Por iso queremos que o Pleno se pronuncie a ese respecto", afirma Avia Veira. "Presentamos esta moción", explica, "por dous motivos. O primeiro, porque cremos que a Xunta ten que asumir a súa responsabilidade e exercer as súas competencias en sanidade e saúde publica. Por tanto, o sistema de repartición do material, quer máscaras quer luvas, ten que ser controlado, evitando reparticións indiscriminadas e acopios individuais absurdos. O segundo, porque temos que asegurar que a poboación que desenvolve labores cun alto grao de exposición ao virus teña o material axeitado".

"Todo isto é responsabilidade da Xunta de Galiza. Fai parte das competencias do señor Feixóo. A repartición do material de protección ten que ser controlado e ten que chegar á xente que realmente o precisa", esténdese Veira.

Salienta a concelleira nacionalista que, de igual xeito que teñen feito outras comunidades autónomas, a Xunta "podería dotar as farmacias de material e garantir o acceso controlado ao mesmo a través da tarxeta sanitaria do SERGAS".

O BNG defenderá no Pleno unha moción para a Xunta garantir unha repartición controlada de máscaras e luvas