PREGUNTAS ORAIS

As nosas preguntas orais no Pleno de novembro: espolio da cidade, mobilidade e recollida do lixo

Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación
Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación

Preguntamoslle ao Goberno local, de xeito oral no pleno de novembro, como ten pensado defender os intereses da Coruña fronte á proposta de Feijóo e Llorca sobre os terreos portuarios

Tamén rexistramos dúas preguntas orais máis: unha na que lle preguntamos ao Goberno local se ten pensado facer algunha modificación das liñas de autobuses no presente mandato e outra sobre como ten pensado artellar o vindeiro contrato de recollida de lixo

As nosas preguntas orais no Pleno de novembro: espolio da cidade, mobilidade e recollida do lixo

Trouxemos a debate no Pleno do mes de novembro tres preguntas orais: a primeira sobre como ten pensado o Goberno local defender os intereses da Coruña fronte á proposta de Feijóo e Llorca sobre os terreos portuarios, a respecto de se o Goberno local ten pensado facer algunha modificación das liñas de autobuses e sobre a situación do contrato de recollida de lixo e as propostas para o vindeiro.

Deste xeito, queremos debater e aclarar na quenda das preguntas orais, como ten pensado o Executivo local defender os intereses da cidade diante do oprobio que supuxo a actitude e as propostas tanto do Sr. Llorca como do Sr. Feijóo canto ao futuro dos terreos do porto da Coruña.

Por outra banda, desde o comezo do mandato vimos mantendo reunións de xeito continuado con diferentes actores sociais e observamos como as reivindicacións en materia de transporte público son repetidas, polo que queremos trasladar no pleno a necesidade de modificar as liñas de autobuses na cidade: é hora de mudar as actuais liñas, que están obsoletas, para pasar a ter un modelo de liñas con frecuencias máis áxiles que favorezan o transbordo e que conecten os barrios cos principais polos de atracción de persoas: universidade, centros hospitalarios, polígonos industriais etc.

Por último, e como terceira pregunta para  a súa resposta oral, o queremos saber en que situación está o contrato de recollida de lixo. Xa que o contrato vixente remata no mes de decembro e que as propostas de pregos froito dunha externalización denunciada por nós debía estar xa rematada, queremos saber como se vai artellar o vindeiro contrato de recollida de lixo.

A Coruña, 26 de outubro de 2017

As nosas preguntas orais no Pleno de novembro: espolio da cidade, mobilidade e recollida do lixo