#SENPERSOALNONHAISANIDADE
Unha multitude sae á rúa e responsabiliza o Goberno galego do colapso do sistema sanitario público
Na marcha estivo presente unha nutrida representación do BNG, encabezada pola nosa portavoz nacional, Ana Pontón, quen estivo acompañada polas parlamentares Mercedes Queixas, Montse Prado, Iria Carreira e Daniel Pérez, ben como polo noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.
"Nin un paso atrás na defensa da sanidade pública", dixo Ana Pontón nun breve encontro cos medios. "Imos derrotar a soberbia dun Feixoo que no canto de asumir as súas responsabilidades continúa a botar balóns fóra, cando o seu goberno se dedicou durante estes anos a desmantelar a sanidade pública en xeral e a atención primaria en particular", engadiu.
Pois ben, este serán o persoal da sanidade pública da nosa cidade e comarca púxose en pé e fíxoo na compaña de miles de persoas. O Goberno galego faría ben en escoitar este clamor.