VAINA DEFENDER AVIA VEIRA NO #PLENOXUÑO DESTE XOVES

Moción para o Goberno Local dar cumprimento aos acordos en materia de Cultura como ben de primeira necesidade

Avia Veira no Pleno de maio de 2021
Que o Goberno Local dea cumprimento aos distintos pronunciamentos plenarios, e tamén ao asinado co BNG no Acordo de Investidura, en materia de Cultura é o propósito que animou a formación nacionalista a levar unha moción a este respecto ao Pleno do próximo xoves 3 de xuño.
Moción para o Goberno Local dar cumprimento aos acordos en materia de Cultura como ben de primeira necesidade

“Precisamos a cultura porque xera riqueza e envolve un tecido económico con empresas e persoas que traballan nel, mais tamén porque é un factor de cohesión social, o acceso á cultura ten efectos sobre a autoestima e o sentido da identidade e a pertenza”, afirma na exposición de motivos desta iniciativa Avia Veira, responsábel de Cultura do grupo municipal do BNG.

A moción, que recolle reivindicacións do colectivo de creadoras/es culturais Ou Unímonos ou afundímonos, parte dun feito indiscutíbel: este é un dos sectores máis damnificados pola pandemia. “Segundo transmiten desde a plataforma Ou Unímonos ou Afundímonos cada semana quedan sen traballo, e nunca o van recuperar, moitas das persoas profesionais da Cultura e do Entretemento; cada semana quedan sen traballo na Galiza o equivalente a unha empresa de tamaño medio”, explica Avia Veira.

É por isto que o BNG propón, na parte dispositiva da moción, que se amplíen as axudas do PRESCO ao sector, se aumente a programación de eventos culturais por parte do Concello ou se inclúa a cláusula do pagamento do 50% do caché ás artistas e aos artistas cando os eventos axendados se apracen por causas non imputábeis a elas e eles.

Mais esta iniciativa do BNG tamén lle pon deberes a Xunta e a Estado. Ao Goberno galego a formación nacionalista demándalle que poña en marcha un plan de choque e teña en conta a proposta do Consello da Cultura Galego, destine ao sector un mínimo do 1% do orzamento da Administración autonómica e declare a cultura como ben de primeira necesidade. E canto ao Goberno do Estado, o que pedimos é que reduza o IVE cultural ao 4%.

 

Moción para o Goberno Local dar cumprimento aos acordos en materia de Cultura como ben de primeira necesidade