A Mariña: a cidadanía da Coruña asumirá os gastos que lle corresponderían á Autoridade Portuaria
O concello afórralle á Autoridade Portuaria o custe do viario soterrado para que, máis unha vez, faga caixa coa superficie do túnel cando os peiraos estean desafectados.
O Grupo Municipal do BNG denuncia que a asunción do custe do terceiro tramo do viario soterrado da Mariña (en concreto o que vai por baixo da avenida Alférez Provisional até a Delegación do Goberno) por parte do Concello aforraralle á Autoridade Portuaria o seu custe por conta da cidadanía. Deste xeito Autoridade Portuaria poderá facer, máis unha vez, negocios urbanísticos, facendo caixa coa superficie liberada de tráfico cando os peiraos estean desafectados.
Por iso o BNG reitera que o Concello da Coruña está a financiar unha obra que non lle corresponde, xa que se fai en terreos da propia Autoridade Portuaria que non só non costea senón que lle permite facer caixa dado que non terá que facer fronte ás cargas urbanizadoras.
22,88 millóns de fondos públicos, como mínimo, van ser empregados nesta obra
O Grupo Municipal lembra, por último, que nos dous tramos de viario soterrado que vai desde Santo Antón até o parking do Palexco estanse a dilapidar e soterrar 24,88 millóns (22,88 de fondos públicos, dos cales 11 millóns son achegados polo Concello da Coruña).