SANIDADE
Levaremos de novo ao Parlamento o debate da inclusión da vacina da Meninxite no calendario de vacinas
Volveremos a trasladar ao Parlamento de Galiza a situación a respecto da vacinas da meninxite tras ter coñecemento do desamparo dunha usuaria no seu centro de referencia para a colocación dunha dose
É incoherente que a estas alturas o SERGAS non teña incorporado ao calendario a vacina da meninxite, algo que xa demandamos no Parlamento galego no seu momento. Pero máis esperpéntico resulta que as persoas, unha vez que deciden vacinar as súas crianzas, teñan que mercar pola súa conta e risco o medicamento, buscándose a vida, nun claro exemplo de discriminación e desigualdade social e amosando que o acceso a sanidade no noso país xa non é universal. Só pode ser explicado pola constante campaña de desprestixio que o Partido Popular está realizando da sanidade pública
Voltaremos levar o debate no Parlamento de Galiza sobre o desamparo das usuarias e usuarios do sistema público de saúde no noso país sobre a cobertura da vacina do Meningococo B xa que logo tivemos coñecemento ao longo desta mañá da denuncia dunha veciña do barrio de Novo Mesoiro que esta semana acudiu ao seu centro de saúde para que lle puxeran ao seu fillo a terceira dose da vacina o Meningococo B. O centro negouse porque a vacina foi mercada en Portugal o que provocou que a usuaria fixera a correspondente queixa na Xefatura Provincial.
A Coordinadora de enfermeiras da Xefatura Provincial, ante esta denuncia, ofreceu dúas sorprendentes alternativas: ou que cambiase de centro de saúde, ou, que recorrese a un centro de saúde privado.
Segundo a propia usuaria o seu caso non é illado sendo varias as persoas afectadas ás que no seu centro de referencia se lles negou poñer as vacinas mercadas en Portugal. Isto é outro exemplo máis do comportamento errático do Goberno galego e da súa xestión nefasta a respecto dunha demanda social. Non hai vontade de querer resolver o problema de desabastecemento das vacinas e moitas familias galegas vense obrigadas a desprazarse a Portugal a mercala xa que no país veciño non hai listas de espera nin escaseza do medicamento nas farmacias.
Para nós este caso volve ser un claro exemplo da estratexia sistemática do Goberno da Xunta de Galiza a respecto do desprestixio da sanidade pública.
É incoherente que a estas alturas o SERGAS non teña incorporado ao calendario a vacina da meninxite, algo que xa demandamos no Parlamento galego no seu momento. Pero esperpéntico resulta que as persoas, unha vez que deciden vacinar as súas crianzas, teñan que mercar pola súa conta e risco o medicamento, buscándose a vida, nun claro exemplo de discriminación e desigualdade social e amosando que o acceso a sanidade no noso país xa non é universal. Só pode ser explicado pola constante campaña de desprestixio que o Partido Popular está realizando da sanidade pública.
Neste sentido, lembramos que vimos reclamando desde hai anos que este medicamento sexa incorporado ao calendario de vacinación e mesmo xa ten presentado varias iniciativas ao respecto. Así mesmo recorda que a Asociación de Pediatría está en contra da posición da Xunta e a propia Axencia europea do medicamento autoriza a vacina e afirma que é efectiva cun alto nivel de inmunización contra unha patoloxía gravísima.
Deste xeito o desde o Grupo Municipal trasladaremos a iniciativa ao Grupo parlamentario e volveremos dar o debate no Parlamento sobre a necesidade de incluír a vacina do Meningococo B no calendario de vacinas, co obxecto de garantir o servizo universal no sistema sanitario galego.
A Coruña, 17 de febreiro de 2017
Noticias relacionadas.