Jorquera interésase por saber se a peonalización da Praza da Tolerancia implicará a perda de 8 árbores de grande porte

Árbores rúa Marcela e Elisa tallada polas obras de peonalización da Praza da Tolerancia
As árbores da rúa Marcela e Elisa
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, acaba de rexistrar un feixe de preguntas por escrito en relación ao proxecto de peonalización da Praza da Tolerancia, aprobado o pasado 13 de novembro pola Xunta de Goberno Local.
Jorquera interésase por saber se a peonalización da Praza da Tolerancia implicará a perda de 8 árbores de grande porte

En concreto, Jorquera quere saber se o proxecto vai implicar a talla de oito árbores de grande porte situados na rúa Marcela e Elisa, moi perto da praza.

En caso afirmativo, o portavoz nacionalista inquire o Goberno Local se non existen alternativas distintas a se desfacer destes exemplares.

WhatsApp Image 2025-06-20 at 17.54.52 (1)

“Cómpre lembrar que as árbores non só proporcionan sombra, embelecen a cidade e dan soporte a distintas formas de vida, senón que tamén son esenciais na loita contra as alteracións climáticas, pois actúan como sumidoiros de carbono e nas épocas de calor contribúen para moderar a temperatura, atemperando as chamadas illas de calor, provocadas polo asfalto, os edificios e as emisións dos vehículos”, explica.

En calquera caso, o BNG entende que é necesario protexer o patrimonio arbóreo da cidade -xa ben escaso- “e por iso non se deben substituír árbores de grande porte por outras de recente plantación”.

 

Jorquera interésase por saber se a peonalización da Praza da Tolerancia implicará a perda de 8 árbores de grande porte