NOVO MESOIRO
Investimentos para rematar o corredor entre a rúa Fragas do Eume e a rúa Ribeira Sacra
Formularemos unha proposta de investimento para o corredor de Novo Mesoiro nos orzamentos municipais de 2018
Entre as achegas que pensamos trasladar cando o Goberno municipal queira comezar a falar dos orzamentos do ano que vén, entendemos máis que necesario incluír unha partida para o estudo da segunda fase deste corredor. É inverosímil que a estas alturas estea a obra a medio concluír desde hai dous anos, e entendemos que a recuperación deste espazo sería fundamental para dotar dun espazo de lecer novo para crianzas, persoas maiores e veciñanza en xeral do barrio
Lembrámoslle ao Executivo que canto máis demore trasladar a proposta de orzamentos municipais as demais forzar políticas máis posibilidades haberá de repetir as experiencias destes dous últimos anos
Xa anunciamos que presentaremos entre as nosas achegas de investimentos nos orzamentos municipais de 2018 unha proposta para o remate do corredor de Novo Mesoiro.
Deste xeito, recollemos as demandas veciñais que reclaman desde hai máis de dous anos se acometa a segunda fase de construción deste viario entre as rúas Fragas do Eume e Ribeira Sacra e que está pendente de execución desde que se concluíu unha primeira transformación no ano 2015 consistente en adaptar mediante un “H” os pasos de servidume entre edificios.
Entre as achegas que pensamos trasladar cando o Goberno municipal queira comezar a falar dos orzamentos do ano que vén, entendemos máis que necesario incluír unha partida para o estudo da segunda fase deste corredor. É inverosímil que a estas alturas estea a obra a medio concluír desde hai dous anos, e entendemos que a recuperación deste espazo sería fundamental para dotar dun espazo de lecer novo para crianzas, persoas maiores e veciñanza en xeral do barrio.
Deste xeito, entendemos máis que fundamentadas as queixas da veciñanza a respecto da situación actual desta zona do barrio xa que en todo este período foron varias as veces nas que se dirixiron á área de Rexeneración Urbana para que, canto menos, realizara labores de mantemento, ademais de lle solicitar acabar co proxecto.
Ademais, non é a primeira vez que trasladamos ao Goberno municipal a nosa preocupación pola situación desta zona así como xa formulamos algunha iniciativa concreta, que, por certo segue sen atenderse, polo que entendemos que non se poden demorar máis as actuacións necesarias para «normalizar» este paso entre rúas para non se producir as situacións acontecidas no mandato anterior do Partido Popular, onde a acumulación de entullos e lixo neta zona dera lugar a problemas de salubridade pública.
Por ultimo, lembramos ao Executivo que canto máis demore trasladar a proposta de orzamentos municipais as demais forzas políticas máis posibilidades haberá de repetir as experiencias destes dous últimos anos.
Xa estamos na segunda quincena de setembro. Queda negociar orzamentos e ordenanzas fiscais. Se queremos ter todo listo para o 1 de xaneiro de 2018 xa estamos mais que xustos de tempo. Moito nos tememos que outro ano máis non teremos ningún de ambos documentos para esa data.
A Coruña, 21 de setembro de 2017.