BARRIOS
Interesámonos polas actuacións realizadas na contorna da Domus
Preguntamos ao Executivo local a respecto da situación do noiro enfronte da Domus despois de estar valado nas últimas datas polo perigo de desprendementos de rochas en toda a contorna
Xa van varias semanas desde a colocación dun enreixado con varios sinais de advertencia que indican o perigo de desprendementos no perímetro da rúa Albert Camus. Demandamos do Goberno local explicacións a respecto da situación actual, se ten avaliado o risco de desprendementos e que tipo de actuacións está realizando para asegurar todos eses espazos
Vimos de presentar unha batería de preguntas (que podes ver premendo aquí) a respecto da situación actual da contorna da Domus.
Deste xeito, recollemos a preocupación da veciñanza da zona, xa que logo, despois de se proceder a colocar un valado nas últimas datas polo perigo de desprendementos de rochas en toda a contorna da rúa enfronte da Domus, aínda non foi informada das actuacións previstas.
Neste sentido, salientamos que a única información a respecto do acontecido no noiro situado ao pé da propia Domus é a ofrecida polos sinais colocados no valado perimetral, que advirten de “perigos de desprendementos”, e aconsellan o emprego da beirarrúa oposta, estando un tramo de case 25 metros pechado ao acceso para peóns, e mesmo cun paso provisional para peóns para facilitar este transito.
Porén, e malia as advertencias destes desprendementos, a circulación viaria non está cortada, polo que despois de varias semanas con este valado, aínda non se ten realizado ningunha actuación, o que motiva que presentemos a iniciativa para que se dea conta dos traballos previstos nestes terreos.
Xa van varias semanas desde a colocación dun enreixado con varios sinais de advertencia que indican o perigo de desprendementos no perímetro da rúa Albert Camus. Demandamos do Goberno local explicacións a respecto da situación actual, se ten avaliado o risco de desprendementos e que tipo de actuacións está realizando para asegurar todos eses espazos.
A Coruña, 12 de xuño de 2018.