O grupo de barrio da Agra critica as mamotretas xardineiras da praza das Conchiñas

O grupo de barrio da Agra critica as mamotretas xardineiras da praza das Conchiñas

conchiñasA Coruña, 4 de setembro de 2014.- O Grupo de barrio do BNG da Agra denuncia que as mamotretas xardineiras que se están a construír coas obras de urbanización da superficie da praza das Conchiñas van contra o sentido común, achicando un enorme espazo desta praza, cando o que precisa o barrio precisamente son espazos de lecer.

As nacionalistas salientan que a praza das Conchiñas é unha das escasas zonas verdes das que dispón o barrio da Agra do Orzán e que era frecuentada como espazo de lecer, até maio de 2013 (data de inicio das obras do aparcadoiro soterrado), por boa parte dos seus habitantes, sobre todo maiores e familias con crianzas.

O grupo de barrio da Agra critica as mamotretas xardineiras da praza das Conchiñas