RIAZOR

O Goberno municipal é o único responsábel sobre o acontecido na cuberta de Riazor

Estado da cuberta de Riazor despois do primeiro temporal do xoves 2 de febreiro
Estado da cuberta de Riazor despois do primeiro temporal do xoves 2 de febreiro

Preguntámonos que ten que pasar para que se faga de xeito urxente a reforma

Nunca mellor dito, chove sobre mollado a respecto da cuberta de Riazor malia as nosas advertencias sobre o estado desta en abril do ano pasado e sobre a máis que necesaria reforma integral que demandamos desde entón

Xa advertiramos en abril do ano pasado mediante unha iniciativa do estado da cuberta da instalación municipal

O Goberno municipal é o único responsábel sobre o acontecido na cuberta de Riazor

Lamentamos profundamente o acontecido nestes dúas noites pasadas na cuberta do estadio de Riazor malia as nosas advertencias desde abril do ano pasado sobre a situación dainstalación municipal.

Neste sentido, lembramos que precisamente a través dunha iniciativa presentada por nós (poder ver a iniciativa premendo aquí), despois da caída de parte da cuberta superior da grada de pavillón, cando se deu conta en Pleno do estado no que se atopaba con varias deficiencias, e na que facían constar un risco potencial evidente naquel momento, para as seareiras e seareiros deportivistas, e as persoas en xeral que empregan de cotío as instalación .

Naquela iniciativa, o Bloque daba conta que con data 30 de marzo de 2015 asinarase a resolución da contratación das obras de rehabilitación de estrutura e cuberta do estadio municipal, por valor 2.592.561,86 euros con cargo a partidas orzamentarias de 2015 e 2016. Asemade preguntaba para cando se acometerían as reformas.

Outra perspectiva da cuberta do estadio municipal

Posteriormente á nosa iniciativa, o Goberno municipal anulou esa contratación, xa que logo a empresa non comezara as obras, e procedeu a adiar unha nova licitación. Doutra volta demandábamos, a volta do verán, en outubro (artigo de opinion nun medio local), e logo en novembro, cunha pregunta oral no Pleno ordinario (premendo aquí, tamén podes ver a iniciativa que presentamos), e xa coa competición deportiva comezada, axilidade ao Goberno municipal para executar a obra por causa da necesidade urxente da mesma e co obxecto de evitar situacións como a desta noite. E o executivo local limitouse a confirmar o aprazamento desta actuación sen máis explicacións.

Así, e despois de todo este tempo, soubemos hai escasamente dúas semanas, a través dos medios de comunicación, e despois dunha comparecencia pública do Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, Xosé Manuel Sande, que finalmente as obras adiábanse até o 2018, algo escandaloso e que amosa a pouca axilidade e operatividade que está a amosar o Goberno municipal nas súas actuacións.

Nunca mellor dito, chove sobre mollado a respecto da cuberta de Riazor malia as nosas advertencias sobre o estado desta en abril do ano pasado e sobre a máis que necesaria reforma integral que demandamos desde entón. O Goberno municipal é o único responsábel sobre o acontecido esta madrugada e preguntámonos que ten que pasar para que se faga de xeito urxente a reforma.

A Coruña, 3 de febreiro de 2017

 

Noticias relacionadas:

 

O Goberno municipal é o único responsábel sobre o acontecido na cuberta de Riazor