O Goberno Local debe achegar nova documentación á xuíza para o concello si estar no proceso de Meirás
A xuíza ditou unha resolución contraria á pretensión do concello de comparecer como parte interesada no procedemento co argumento de que a petición do Goberno Local estaba deficientemente fundamentada ao non acreditar de forma suficiente o “interese lexítimo e directo da institución” para ser un dos actores do proceso xudicial.
É por iso que o BNG considera que o Goberno Local debe remitir nova documentación ao xuíz co fin de argumentar suficientemente a súa condición de parte interesada, de maneira que o maxistrado acabe por autorizar a comparecencia do Concello no proceso.
“É obvio que o concello é parte interesada. A historia está aí. Despois do golpe, o Concello, xa en mans dos franquistas, formou parte da Xunta pro Pazo e puxo diñeiro nel. Agora é lóxico que a institución participe na súa restitución ao patrimonio público”, argumenta Jorquera.
Argúe tamén o portavoz nacionalista que o Goberno Local debe facer todo o que estea na súa man neste asunto, pois así llo pediu o Pleno do Corporación ao aprobar o pasado 13 de setembro unha moción da autoría do BNG en que precisamente se demandaba a comparecencia do Concello no proceso de restitución do Pazo de Meirás, ben como o impulso de accións xudiciais para recuperar tamén a Casa Cornide.