ALVEDRO

Falamos coa representación das traballadoras e dos traballadores sobre o novo Plan Director de Alvedro

O Presidente do comité de empresa Justo Pérez xunto coa nosa portavoz municipal Avia Veira
O Presidente do comité de empresa Justo Pérez xunto coa nosa portavoz municipal Avia Veira

Amosámonos dispostos a apoiar a proposta de que as alegacións ao Plan Director de Alvedro sexan conxuntas de toda a Corporación para que este sexa verdadeiramente unha folla de ruta que permita sacar toda a potencialidade do aeroporto

Trasladámoslle á representación do Comité de Empresa que proporá que a Comisión de Economía e Emprego do Concello da Coruña traballe nas alegacións

Reclamamos a necesidade de que a Xunta de Galiza xestione os aeroportos conxuntamente coas autoridades locais e outras entidades públicas co fin de artellar un sistema aeroportuario integrado galego, baseado na cooperación, colaboración e igualdade dos tres aeroportos galegos

Falamos coa representación das traballadoras e dos traballadores sobre o novo Plan Director de Alvedro

Co gallo da publicación no BOE do Plan Director de Alvedro, reunímonos coa representación do Comité de Empresa de Alvedro.

Na xuntanza, a nosa voceira no Concello da Coruá, Avia Veira amosouse disposta a apoiar a proposta de que as alegacións ao Plan Director de Alvedro sexan conxuntas de toda a Corporación para que este sexa verdadeiramente unha folla de ruta que permita sacar toda a potencialidade do aeroporto.

Así trasladámoslle á representación do Comité de Empresa que proporemos que a Comisión de Economía e Emprego do Concello da Coruña sexa o foro no que se traballen as alegacións.

Entendemos que o documento non pode ser papel mollado senón un documento no que se comprometan investimentos que fagan medrar e sacar toda a potencialidade da terminal coruñesa.

Neste sentido, lembramos a necesidade de que a Xunta de Galiza xestione os aeroportos conxuntamente coas autoridades locais e outras entidades públicas co fin de artellar un sistema aeroportuario integrado galego, baseado na cooperación, colaboración e igualdade dos tres aeroportos galegos.

A Coruña, 18 de xuño de 2018.

Falamos coa representación das traballadoras e dos traballadores sobre o novo Plan Director de Alvedro