CON ESPECIAL DESTAQUE PARA HEATHROW, UN HUB VITAL PARA O TECIDO EMPRESARIAL DA CORUÑA

Fai falta unha estratexia para Alvedro recuperar os enlaces perdidos, nomeadamente os internacionais

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quere mostrar a súa “preocupación” pola decisión de Vueling de concentrar a súa oferta de voos con destino e orixe na Galiza no aeroporto de Lavacolla.
Fai falta unha estratexia para Alvedro recuperar os enlaces perdidos, nomeadamente os internacionais

“Estamos nun momento de recuperación de enlaces, sobre todo internacionais, en moitos aeroportos. Infelizmente iso non está a acontecer con Alvedro”, anota Jorquera.

É por isto que o noso voceiro empraza o Goberno Local a que deseñe unha estratexia para Alvedro recuperar enlaces, nomeadamente os internacionais.

Entre eles, o máis relevante é o de Heathrow, “non só para recuperar a conexión da nosa cidade e comarca con Londres, senón por se tratar dun hub [centro de conexión] que enlaza con múltiples destinos internacionais e ten unha importancia vital para o tecido empresarial radicado na comarca da Coruña”.

“Por iso é imprescindíbel que o Goberno Local actúe e haxa unha estratexia decidida para recuperar os enlaces perdidos durante a pandemia”, conclúe o noso voceiro.

 

Fai falta unha estratexia para Alvedro recuperar os enlaces perdidos, nomeadamente os internacionais