A exposición do Goberno municipal sobre o PEPRI chega tarde

A exposición do Goberno municipal sobre o PEPRI chega tarde

A Coruña, 3 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG considera que a exposición sobre o PEPRI, anunciada esta mañá polo Goberno do Sr. Negreira, chega tarde. Mágoa que a campaña non tiver lugar dous meses antes, cando se procedeu á exposición pública do documento, afirman as nacionalistas, que lembran que a vindeira semana, concretamente o 11 de abril, remata o prazo para a presentación de alegacións ao PEPRI.

Máis que para trasladar suxestións e para fomentar a participación do pobo no documento, a exposición e posterior rolda de reunións e conferencias semella unha campaña de propaganda do Goberno municipal. E é que non ten sentido unha exposición do PEPRI desde o 4 de abril; é dicir, xusto unha semana antes de que remate o período para facer alegacións, até o 19 de maio, cando xa non hai posibilidade ningunha de que o pobo participe.

 

 

A exposición do Goberno municipal sobre o PEPRI chega tarde