COMPARTIREMOS CON ENTIDADES DA CIDADE E VECIÑANZA OS PRIMEIROS PASOS DO NOVO MANDATO EN MARÍA PITA

Estes xoves, primeiro encontro público "Fío Directo co BNG"

Concelleiros eleitos do BNG (1)
O Bloque Nacionalista Galego da Coruña convoca o próximo xoves 22X un Encontro Público para compartir con entidades da cidade e veciñanza os primeiros pasos do novo mandato en María Pita.
Estes xoves, primeiro encontro público "Fío Directo co BNG"

O Bloque Nacionalista Galego da Coruña convoca o próximo xoves 22X un Encontro Público para compartir con entidades da cidade e veciñanza os primeiros pasos do novo mandato en María Pita.

No acto, que terá lugar no patio interior da Fundación Luís Seoane (19.30 horas), o BNG explicará o proceso que levou á redacción do Acordo de Investidura e os obxectivos que se marca a formación nacionalista como forza determinante no Concello.

Este encontro será o primeiro dunha serie de actos públicos que ao longo do mandato –e co lema xenérico de Fío Directo co BNG- o Bloque fará para ter un contacto o máis directo posíbel coas coruñesas e os coruñeses.

Este venres, as persoas integrantes do novo grupo municipal do BNG –Francisco Jorquera, Avia Veira, Mercedes Queixas e David Soto- acudiron ao Pazo de María Pita para, xa unha vez recibidas as súas actas, lle facer entrega ao secretario do Concello das súas respectivas declaracións de bens.

 

 

Estes xoves, primeiro encontro público "Fío Directo co BNG"