CUESTIÓN DE CONFIANZA

O día da marmota: ao igual que en abril hoxe volvemos ter unha trapallada por Pleno

Avia momentos antes do Pleno de hoxe
Avia momentos antes do Pleno de hoxe

Hoxe volvemos ter unha trapallada de Pleno onde se constatou que tanto Marea, como PP e PSOE priman os intereses de seu por diante dos intereses da cidade e do pobo

A nosa concelleira Avia Veira, que comezou a súa intervención lembrando o percorrido que deu lugar á convocatoria do Pleno e o porque da Cuestión de Confianza, centrou a súa intervención en destacar o traballo e as achegas do BNG ao documento dos orzamentos desde a nosa posición de oposición crítica, e advertiu que o voto afirmativo do Bloque, "por moito que só sexa un, non é en balde, que ten un valor porque o crédito desta volta concédese con escepticismo”, e convidou ao Goberno municipal a reflexionar

O día da marmota: ao igual que en abril hoxe volvemos ter unha trapallada por Pleno

Hoxe volvemos ter unha trapallada de Pleno onde se constatou que tanto Marea, como PP e PSOE priman os intereses partidistas de seu por diante dos intereses da cidade e do pobo.

E é que despois do visto hoxe durante o desenvolvemento do Pleno onde se debateu a Cuestión de Confianza vinculada aos orzamentos de 2017, puidemos observar que o BNG é a única organización que centra o seu traballodo en resolver os problemas da Coruña, sen mirar cara o seu embigo, nin entrar en dimes nin diretes, nin en voltas nin reviravoltas, nin do que máis interesa para a súa organización política, non se sabe en función de que intereses. E malia as advertencias que levamos facendo desde o verán do ano pasado, cando xa daquela demandabamos que nos puxeramos a traballar nos orzamentos deste ano.

Así, a nosa concelleira Avia Veira, que comezou a súa intervención (podes descargala integramente aquí) lembrando o percorrido que deu lugar á convocatoria do Pleno e o porque da Cuestión de Confianza, centrouse en destacar o traballo e as achegas do BNG ao documento de proposta dos orzamentos desde a nosa posición de oposición crítica, e advertiu que o voto afirmativo do Bloque, "por moito que só sexa un, non é en balde, que ten un valor porque o crédito desta volta concédese con escepticismo”, e convidou ao Goberno municipal a reflexionar.

Xa que logo, e ao igual que no Pleno da invesidura, o BNG aposta por un cambio de políticas reais na cidade, e entendemos que o Goberno local debería facelo tamén xa que logo na actualidade fáltalle valentía e atrevimento nas súas políticas e na súa xestión, e chamamos a rematar co espectáculo que se está dado para facer efectivo ese cambio real polo que apostabamos ao comezo do mandato (preme aquí para ver o momemto da intervención).

Avia facendo declaración despois de reamtar o Pleno

Por outra banda, e tal e como destacou Avia despois do Pleno na comparecencia pública posterior (podes escoitala aquí), agora ábrese un período de incertidúme que consideramos lamentábel pois durante o próximo mes estaremos sen orzamentos, cos efectos negativos que ten para a cidade, retrsaando investimentos ou paralizando as actividades das asociacións e facéndolle perder o tempo a cidade.

O día da marmota: ao igual que en abril hoxe volvemos ter unha trapallada por Pleno