SEGURIDADE

Demandamos instalar os mecanismos de seguridade necesarios para evitar mais roubos no Sanjurjo de Carricarte

Pedímoslle ao Goberno Municipal que proceda coa máxima axilidade a instalar os mecanismos de seguridade necesarios para evitar que se volvan producir roubos e entradas indebidas no CEIP Sanjurjo de Carricarte

Demandamos tamén, seguridade diante das múltiples entradas que se producen as fines de semana e diante do roubo que aconteceu a semana pasada no CEIP

Demandamos instalar os mecanismos de seguridade necesarios para evitar mais roubos no Sanjurjo de Carricarte

Diante das múltiples entradas que se producen as fines de semana e diante do roubo que aconteceu a semana pasada no CEIP, solicitaremos mediante un rogo oral en Pleno (podes descargalo premendo aquí) que o Goberno Municipal proceda coa máxima axilidade a instalar os mecanismos de seguridade necesarios para evitar que se volvan producir roubos e entradas indebidas no CEIP Sanjurjo de Carricarte.

Na nosa iniciativa sinalamos que a semana pasada ao abrir o CEIP Sanjurjo de Carricarte, o seu persoal advertiu que alguén entrara a roubar: alguén destrozara e revolvera nas instalacións, desapareceron os ordenadores e as mascotas das clases dos máis pequenos.

Lembramos na exposición de motivos do rogo que segundo informaron os medios de comunicación, os ladróns entraron no centro pola parte de atrás, saltando un valo e rompendo cristais para forzar unha porta de cristal e aluminio, rebentaron o equipo de son do salón de actos, arrincaron varios cables, e tiraron da cortina que cubría a parede do fondo até que se desprendeu.

Cómpre que se actúe o máis axiña posíbel xa que, alén deste roubo, é habitual que durante as fines de semana entren persoas alleas ao CEIP entren ao patio do centro e que logo as instalacións aparezan cheas de desperdicios.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2017

Demandamos instalar os mecanismos de seguridade necesarios para evitar mais roubos no Sanjurjo de Carricarte