David Soto cuestiona o Goberno Local pola redución de prazas nos campamentos municipais de Novo Mesoiro e Barrio das Flores

colas
Filas de nais e pais para facer a inscrición nos campamentos de verán. Imaxe de 2023 tirada de La Opinión
O concelleiro do BNG David Soto vai interpelar o Goberno Local no Pleno deste xoves 6X en relación á diminución de prazas ofertadas nos campamentos deportivos municipais en Novo Mesoiro e o Barrio das Flores.
David Soto cuestiona o Goberno Local pola redución de prazas nos campamentos municipais de Novo Mesoiro e Barrio das Flores

O concelleiro do BNG David Soto vai interpelar o Goberno Local no Pleno deste xoves 6X en relación á diminución de prazas ofertadas nos campamentos deportivos municipais en Novo Mesoiro e o Barrio das Flores.

“Que desaparezan actividades en Novo Mesoiro e no Barrio das Flores, que se reduzan as prazas, non nos parece o máis adecuado se o que se pretende, en palabras da alcaldesa, é mellorar a eficiencia e as prestacións dos campamentos deportivos municipais”, xulga Soto.

“Pola contra, o que se debería facer, para facilitar o acceso das familias a estas bolsas e para garantir a conciliación de pais e nais durante o verán, é descentralizar os campamentos e ofrecer más prazas”, considera.

O teor literal da pregunta que vai formular no Pleno David Soto é o seguinte: “Que medidas vai adoptar o Goberno Local para paliar a diminución das prazas dos campamentos deportivos municipais en Novo Mesoiro e Barrio das Flores?”.

 

David Soto cuestiona o Goberno Local pola redución de prazas nos campamentos municipais de Novo Mesoiro e Barrio das Flores