O Concello dá os primeiros pasos para se dotar dun plan de choque contra o coronavirus, como propuxo o BNG

Xunta de Portavoces 7 de abril
O Concello da Coruña vai comezar os traballos para elaborar un plan de choque de medidas económicas e sociais que permita facer fronte á emerxencia sanitaria da Covid-19, tal e como propuxo o grupo municipal do BNG xa desde o momento en que a Xunta de Portavoces se constituíu virtualmente nunha comisión de seguimento desta crise.
O Concello dá os primeiros pasos para se dotar dun plan de choque contra o coronavirus, como propuxo o BNG

A decisión de dar os primeiros pasos para o Concello se dotar dun plan de choque foi adoptada na Xunta de Portavoces reunida este martes no Palacio de María Pita. A partir da proposta do BNG, feita en reunións anteriores deste órgano, o Goberno Local consensuou cos distintos grupos municipais facer un exame previo do impacto da crise nos ingresos municipais e ao tempo avaliar que partidas orzamentarias son susceptíbeis de seren aprazadas para o exercicio 2021 e cales outras poden ser eventualmente reforzadas para atender as necesidades dos colectivos sociais máis vulnerábeis, en primeira instancia, mais tamén para comezar a pór as bases da reactivación económica.

Por outra banda, e tamén froito dunha suxestión realizada polo portavoz do BNG, Francisco Jorquera, o Concello forneceu de máscaras aos traballadores do servizo de limpeza viaria, operarios que varren as rúas da cidade e que valeiran as papeleiras, persoal moi exposto no seu labor e que até hai ben pouco carecían destes elementos de protección.

O Concello dá os primeiros pasos para se dotar dun plan de choque contra o coronavirus, como propuxo o BNG