A Comisión de Facenda non aclarou as demandas de concreción do BNG a respecto dos Orzamentos
A Coruña, 22 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do BNG sinala, tras a reunión da Comisión de Facenda desta mañá, que aÃnda seguen sen aclararse as dúbidas sobre o proxecto de orzamento que se presentará para o seu debate no Pleno.
O BNG sinala que a reunión de hoxe non serviu para aclararlle as dúbidas que aÃnda existen sobre a proposta de orzamentos
E é que as nacionalistas subliñan que seguen sen que se lles concrete cales das súas achegas van ser incorporadas nas partidas xerais e que no seu momento foron cualificadas polo Executivo local como “propostas concordantes” e polas que amosaron a súa disposición a incorporar ao documento final.
Neste sentido o Bloque pon como exemplo as súas propostas de actuación para a 2ª fase do corredor de Novo Mesoiro ou para o mercado de Monte Alto, e demandan do Goberno municipal que deixe de agochalas nas partidas xenéricas solicitándolle que se especifiquen de xeito diferenciado para que o seu desenvolvemento estea comprometido nos propios orzamentos.
As nacionalistas seguen demandando que se lles indiquen polo miúdo cales das súas propostas de actuación, como por exemplo a 2ª fase do corredor de Novo Mesoiro ou o mercado de Monte Alto, van ser desenvolvidas con este orzamento
Por outra banda, as nacionalistas tamén lamentan que na propia reunión de hoxe apareceran até un total de 69 propostas recollidas nun voto particular e que estas non se fixeran durante todo o proceso de negociación. AsÃ, desde o Grupo Municipal do BNG lembran que xa van para catro meses desde que se comezou a falar da elaboración dunha proposta de orzamentos e que foi precisamente o BNG, cando as negociacións entre o Goberno municipal e o PSOE racharon, o que chamou a que se realizaran propostas e se elaborara un documento que verdadeiramente apostara por un cambio das polÃticas na cidade.
Avia Veira: “A respecto das achegas que hoxe se presentaron como voto particular, sorpréndenos que aparezan a estas alturas do proceso e gustarÃanos que tiveran sido xa realizadas no tempo das negociacións, algo que si fixo o BNG”
“A respecto das achegas que hoxe se presentaron como voto particular, sorpréndenos que aparezan a estas alturas do proceso e gustarÃanos que tiveran sido xa realizadas no tempo das negociacións, algo que si fixo o BNG. Non entendemos porque o PSOE actuou asà e con tan pouco tempo de marxe, e estudaremos en profundidade, como non poderÃa ser doutro xeito, as súas propostas e as súas emendas, mais entendemos que se perdeu un tempo precioso e que se poderÃa ter aforrado se no seu dÃa tivesen participado da reunión que o BNG convocou”, conclúe Avia Veira.
Artigos relacionados
- O BNG considera positivo que se incúan as súas achegas aos orzamentos
- O BNG recibe parte da documentación dos orzamentos municipais
- O BNG segue agardando pola resposta ás súas achegas aos orzamentos
- O BNG non determinará o seu voto sobre o orzamento até ter acceso ao expediente definitivo
- O BNG trasladoulle ao Goberno municipal as súas propostas para os orzamentos
- O BNG achegará as súas propostas para os Orzamentos
- Avia Veira: “Estamos dispostos a falar de propostas para facer os orzamentos canto antes"
- O BNG introducirá os orzamentos na Comisión de Portavoces convocada para mañá
- Veira: “Tomamos a iniciativa e convocamos esta reunión para traballar con seriedade, con propostas"
- O BNG convoca á Marea e ao PSOE para dar saÃda aos Orzamentos 2016
- O BNG insta a Marea e o PSOE a que abandonen a dramatización nos Orzamentos 2016
- Orzamentos 2016: "Demandamos que se emitan por streaming as reunións Marea-PSOE" ironiza Avia Veira
- Por que nos achegaron onte os que "parecen ser" os Orzamentos 2016?
- Veira: “É insostÃbel que se prorroguen indefinidamente os orzamentos do PP de 2015"