A Comisión da Fachada Marítima aproba comparecencias e calendario
A relación e o calendario foron aprobados por consenso. A idea é que as comparecencias, pendentes de combinar as axendas coas persoas e entidades convidadas a participar, comezarán a finais de xuño.
“Estamos a dar un paso moi positivo. É necesario que o deseño da nova fachada marítima se faga coa maior participación social posíbel. As comparecencias que acabamos de acordar constitúen unha representación ampla e diversa do conxunto da cidadanía coruñesa”, afirma Jorquera, presidente da comisión e portavoz do BNG no Concello.
“A Comisión é un foro adecuado para o conxunto das entidades acheguen as súas visións para seren tidas en conta porque o futuro da fachada marítima incumbe a todos. Cando falamos do deseño da nova fachada marítima falamos en boa parte do deseño da Coruña do futuro”, remarca.
Comparecencias na Comisión Especial da Fachada Marítima.
Presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado.
Universidade da Coruña (equipa coordenada por Carlos Nárdiz).
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia (Decano: Enrique Urcola Fernández-Miranda).
Comisión Aberta de Defensa do Común.
Asociación Veciñal Oza- Gaiteira- Castros.
Grupo Naturalista Hábitat (Cosme Damián Romai Cousido).
Lonxa da Coruña (Presidente: Juan Carlos Corrás Arias).
Confraría de pescadores da Coruña.
ACERGA (Asociación de armadores do cerco de Galicia)
Asociación PescaGalicia-ARPEGA-O Barco (Asociación de armadores de buques pesqueiros de Galicia).
Arpesco (Asociación provincial de armadores de buques de pesca da Coruña).
Directora corporativa de Portos do Estado e presidenta da Comisión de Normalización Económica: Pilar Parra Serrano.
Ausport. Asociación de Usuarios do Porto da Coruña: Presidente: Fernando Vidal Raposo.