A Cidade das TIC, un proxecto estratéxico que precisa de máis apoio financeiro da Xunta e do Estado

Comisión das TIC. Francisco Jorquera. 20 de xullo de 2021.
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, participou esta mañá nunha reunión da Comisión Especial “Cidade das TIC” en que compareceu o reitor da UDC, Julio Abalde, para dar conta da evolución do proxecto.
A Cidade das TIC, un proxecto estratéxico que precisa de máis apoio financeiro da Xunta e do Estado

“A xuízo do BNG”, avalía Francisco Jorquera, “a Cidade das TIC é un proxecto estratéxico para a comarca da Coruña e ten de ser un dos motores da mudanza de modelo económico que precisa a nosa cidade e toda a área da Coruña”.

Un proxecto estratéxico tamén para Galiza. “A mudanza de modelo tense que dar tamén a escala galega, precisamos apostar no coñecemento, a investigación e a innovación”, engade.

O portavoz do BNG en María Pita bota de menos un maior apoio financeiro por parte da Xunta e do Estado ao proxecto e, nese sentido, salienta que a formación nacionalista formulou emendas aos orzamentos galego e estatal para incrementar as partidas destinadas á Cidade das TIC en 3,4 e 5 millóns de euros, respectivamente.

 

A Cidade das TIC, un proxecto estratéxico que precisa de máis apoio financeiro da Xunta e do Estado