BARRIOS
Case tres meses despois do desprendemento aínda non se realizou ningunha actuación
Preguntamos novamente polo desprendemento de terra nun noiro na rúa Jaime Hervada no barrio do Ventorrillo
Imos xa para os tres meses desde o desprendemento de parte deste noiro, e despois de preguntar sobre o mesmo ao Goberno municipal, a situación segue exactamente igual, e as respostas transmitidas limítanse a sinalar que o terreo é de titularidade privada devolvendo a incidencia á policía. Preguntámonos entón cal é o labor do Goberno cando parte dunha rúa está ocupada por terra e pedras, invadindo unha vía de uso público e con valados e sinais indicativos ciscados e aparentemente abandonados por riba do entullo
Volvemos a preguntar (podes ver aquí a iniciativa) sobre a situación dun desprendemento na rúa Jaime Hervada no barrio do Ventorrillo, despois de que a día de hoxe comprobaramos que a situación segue sen resolverse.
Xa preguntamos polo este desprendemento, acontecido a principios do mes de marzo, e do que solicitabamos do Goberno municipal á aquela altura, aclaracións xa que logo, no 14 de marzo, despois de dúas semanas, non se tiña constancia de que se realizaran máis actuacións que a intervención que realizara a Policía Local, no momento do desprendemento, e que asegurara, valara e precintara a zona.
Naquel intre queríamos que o Goberno municipal aclarara que medidas pensaba realizar para o aseguramento e consolidación da parede vertical deste noiro, se existía algún risco de desprendemento, a maiores do xa producido nesa zona, e en toda a contorna dese noiro da rúa Jaime Hervada, e por que naquelas dúas semanas desde o desprendemento non se fixera ningunha outra actuación que a realizada pola propia Policía Local o día do suceso. Mais pasados dous meses e medio atopámonos coa sorpresa de que segue sen facerse ningunha actuación desde entón, e nin tan sequera foi retirado o entullo provocado polo desprendemento
Do mesmo xeito, non queda outra que denunciar que o Goberno da Marea Atlántica non respondeu ás nosas preguntas sobre este noiro formuladas para a súa resposta escrita no Pleno de abril (podes descargalas premendo aquí).
O Executivo da Marea limitouse a facer consultas coa área de Patrimonio Urbanístico a respecto da titularidade do solar afectado polo desprendemento e resolveu devolver a incidencia á policía, algo que consideramos exemplo dunha inhibición impropia a respecto das responsabilidade de goberno, e algo que mesmo sinalamos na nova iniciativa presentada, xa que logo, “independentemente de que os terreos sexan de titularidade privada, o desprendemento prodúcese desde un noiro cara a estrada Jaime Hervada, que é empregada de forma pública, como zona de aparcamento e circulación de vehículos. Asemade, tamén é unha zona, ao se producir estacionamentos como dicimos, que é empregada por peóns.
Deste xeito, insistimos en preguntar ao Goberno municipal se ten avaliado a posibilidade de que exista algún risco de desprendemento, se xa teñen “devolto a incidencia á policía”, e cando se produciu esta “devolución”, e, tamén, que medidas se pensan tomar mentres sega a situación como na actualidade.
Imos xa para os tres meses desde o desprendemento de parte deste noiro, e despois de preguntar sobre o mesmo ao Goberno municipal, a situación segue exactamente igual, e as respostas transmitidas limítanse a sinalar que o terreo é de titularidade privada devolvendo a incidencia á policía. Preguntámonos entón cal é o labor do Goberno cando parte dunha rúa está ocupada por terra e pedras, invadindo unha vía de uso público e con valados e sinais indicativos ciscados e aparentemente abandonados por riba do entullo.
A Coruña, 18 de maio de 2018.
Noticias relacionadas: