PROPOSTAS CONTRA A CRISE DO CORONAVIRUS

O BNG pide quitas de até 100% nos alugueres das vivendas municipais para persoas en situación vulnerábel

Jorquera
O Concello debería aplicar quitas de até 100% para as persoas arrendatarias de vivendas municipais en situación de especial vulnerabilidade, defendeu este xoves o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, durante a reunión da Xunta de Portavoces. A bonificación debería ser no mínimo durante un período de 4 meses.
O BNG pide quitas de até 100% nos alugueres das vivendas municipais para persoas en situación vulnerábel

O decreto aprobado polo Goberno do Estado permite que se estabelezan quitas na contorna de 50% para as persoas que vivan en moradas arrendadas por grandes tenedores de vivenda. As empresas municipais teñen esta condición. O goberno vasco elevou ese listón até o 100 por cento. O BNG considera que o Concello da Coruña debería facer o propio para protexer os sectores sociais máis indefensos das consecuencias socioeconómicas da pandemida co Covid 19.

A proposta feita por Francisco Jorquera ficou pendente de estudo para próximas reunións da Xunta de Portavoces. 

O BNG, na súa condición de forza que conformou conxuntamente con PSdeG-PSOE e a Marea Atlántica os orzamentos do concello para 2020, mostrou a súa disposición a "repensar as contas" para reprogramar partidas e permitir que se destinen ás necesidades sociais máis prementes.

O BNG pide quitas de até 100% nos alugueres das vivendas municipais para persoas en situación vulnerábel