O BNG non entende que o Goberno local se escandalice agora polos descadres do orzamento
A Coruña, 12 de abril de 2016.- En relación coa información achegada aos medios e colgada na web municipal sobre os informes da Oficina Orzamentaria e de Intervención acerca dos orzamentos municipais, desde o Grupo Municipal do BNG entenden que agora non cabe que o Goberno local se escandalice polos descadres dun orzamento que apoiou co seu voto a favor -logo de que resultasen aprobadas dúas emendas que o modificaban- cando ademais estaba na súa man suspender o pleno para que o persoal técnico informase.
Avia Veira: O Goberno local non pode agora escandalizarse polos descadres dun orzamento que apoiou cando ademais estaba na súa man suspender o pleno para que o persoal técnico municipal informase
E é que as nacionalistas insisten en que a responsabilidade de terse aprobado o documento final é dos tres grupos políticos, isto é Marea Atlántica, PSOE e PP, que participaron dunha sesión que ao seu xuízo debería terse adiado para que o persoal técnico do concello puidera estudar as propostas presentadas.
Así, o Grupo Municipal do BNG lembra que, durante a celebración da sesión do Pleno onde se aprobaron os orzamentos, a edil nacionalista Avia Veira propuxo, o adiamento do punto da orde do día e polo tanto a suspensión do pleno, aplicando principios de prudencia e por responsabilidade, xa que no momento non se dispoñía dos informes dos técnicos municipais a respecto das emendas e contraemendas presentadas ao longo desa mañá por todos os demais grupos políticos.
Desde a formación nacionalista manifestan que a sorpresa do Executivo local diante dos descadres do orzamento a favor do que votou é moi rebeladora e indica que a concelleira Avia Veira tiña razón cando na mesma sesión plenaria advertiu de que nin as e os técnicos municipais nin o alcalde ou mesmo o Goberno municipal coñecían o contido exacto do orzamento modificado polas emendas.
O Grupo Municipal do BNG lembra que no mesmo pleno solicitou suspender o pleno para que as e os técnicos municipais informasen e salientou a importancia destes informes debido a que o Concello levaba tres meses funcionando cun orzamento prorrogado polo que podía ser que nalgunha das emendas se minorasen partidas que xa foran en parte comprometidas ou gastadas
«No mesmo pleno salientamos a importancia destes informes debido a que levabamos tres meses cun orzamento prorrogado polo que podía ser que houbese partidas que nalgunha das emendas se minorasen e que estas xa foran en parte comprometidas ou gastadas, como semella que así é », sinala Avia Veira.
Noticias relacionadas:
- O BNG lembra que se puido aprazar o Pleno e que o Goberno votou a favor dos orzamentos
- O esperpento do Pleno no que se aprobaron os orzamentos
- Veira: "Existe un contrastado principio de incerteza sobre que orzamentos debatiremos o venres"
- A Comisión de Facenda non aclarou as demandas de concreción do BNG a respecto dos Orzamentos
- O BNG considera positivo que se incúan as súas achegas aos orzamentos
- O BNG recibe parte da documentación dos orzamentos municipais
- O BNG segue agardando pola resposta ás súas achegas aos orzamentos
- O BNG non determinará o seu voto sobre o orzamento até ter acceso ao expediente definitivo
- O BNG trasladoulle ao Goberno municipal as súas propostas para os orzamentos
- O BNG achegará as súas propostas para os Orzamentos
- Avia Veira: Estamos dispostos a falar de propostas para facer os orzamentos canto antes"
- O BNG introducirá os orzamentos na Comisión de Portavoces convocada para mañá
- Veira: Tomamos a iniciativa e convocamos esta reunión para traballar con seriedade, con propostas"
- O BNG convoca á Marea e ao PSOE para dar saída aos Orzamentos 2016
- O BNG insta a Marea e o PSOE a que abandonen a dramatización nos Orzamentos 2016
- Orzamentos 2016: "Demandamos que se emitan por streaming as reunións Marea-PSOE" ironiza Avia Veira
- Por que nos achegaron onte os que "parecen ser" os Orzamentos 2016?
- Veira: É insostíbel que se prorroguen indefinidamente os orzamentos do PP de 2015"