O BNG interésase polo custo da campaña "CoruÑavidad", con topónimos incorrectos e ilegais

O BNG interésase polo custo da campaña "CoruÑavidad", con topónimos incorrectos e ilegais

A Coruña, 27 de decembro de 2012.- A concelleira Avia Veira presentou unha batería de preguntas para a resposta escrita en que se interesa polo custo da campaña publicitaria "CoruÑavidad", unha iniciativa na que denuncia o uso de topónimos incorrectos e ilegais.

A edila do BNG pregúntalle ao Goberno municipal a canto ascende o custo da campaña, que se limita á cartaces colgados dos farois e a muppies, sen ningún tipo de acción complementaria. Veira tamén se interesa por cales son os obxectivos desta campaña e se podería avaliar como cumpridos estes obxectivos o Goberno municipal. Ademais de interesarse polo criterio se seguiu para escoller os estereotipos recollidos na cartelaría, Veira tamén pregunta por que teima o Goberno do Sr. Negreira en empregar nas súas campañas os topónimos incorrectos e ilegais.

O custo desta campaña publicitaria súmase aos cartos dilapidados polo Goberno municipal na Laponia de María Pita, que ascende a 145.000 euros, na cabalgata de reis, que custará máis de 200.000 euros, no alumeado de nadal, de 600.000 euros, na sinaléctica e no programa de actividades. Veira considera irresponsábel que con 23.239 parados e paradas e co 20% do pobo da Coruña en risco de pobreza o Goberno municipal vaia tirar con máis de 1 millón de euros nun mes de nadal.

 

 

O BNG interésase polo custo da campaña "CoruÑavidad", con topónimos incorrectos e ilegais