O BNG denuncia de novo que se están a producir altas emisións de partículas durante esta semana

O BNG denuncia de novo que se están a producir altas emisións de partículas durante esta semana

A Coruña, 16 de marzo de 2014.-Despois das queixas realizadas por veciñas e veciñas dos Castros, as nacionalistas puideron comprobar que segundo os datos deste mes as emisións de partículas PM10 volven a sufrir picos (achéganse datos anexados), nalgún caso por enriba de 100 µ/m3. É a actividade do Porto, feita sen as garantías suficientes, a que explica a situación que padecen moitas coruñesas e coruñeses, afirman as nacionalistas.

Con independencia de medias diarias e das horas dos picos, como ten xustificado o Goberno Municipal e Autoridade Portuaria, as nacionalistas sinalan que as persoas que sofren unha crise respiratoria atínxelles o mesmo cando os niveis de partículas son o suficientemente altos, como aconteceu o día 13 ás nove da mañá, onde se acadaron niveis de 103 µ/m3.

Eis os datos (entre as 9 e as 11 da mañá)  dos dous últimos días laborais desta semana.

2014/03/14 12:00

51

2014/03/14 11:00

55

2014/03/14 10:00

57

2014/03/14 09:00

74

 

2014/03/13 12:00

56

2014/03/13 11:00

55

2014/03/13 10:00

74

2014/03/13 09:00

103

 

 

 

 

O BNG lémbralle ao Goberno Municipal que a nivel científico se considera que as partículas en suspensión son o problema de contaminación ambiental máis severo, polas súas graves repercusións  sobre a saúde…, están detrás de numerosas enfermidades respiratorias, problemas cardiovasculares e cancros de pulmón.

É por iso que o BNG se une as reivindicacións da Asociación  de Veciños e Veciñas de Oza- Gaiteira Os Castros para esixir que o Goberno do PP cumpra coas súas obrigas diante da cidadanía e vele pola saúde dos veciños e veciñas porque esta situación é evitábel, só hai que pór a saúde das persoas por enriba dos beneficios económicos.

O BNG denuncia de novo que se están a producir altas emisións de partículas durante esta semana