O BNG denuncia que o incremento da presión fiscal por habitante en 2013 foi de 11,8%

O BNG denuncia que o incremento da presión fiscal por habitante en 2013 foi de 11,8%

A Coruña, 7 de abril de 2014.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o incremento da  presión fiscal por habitante en 2013 foi de 11,8%, así o que pagou de promedio cada coruñés foi de 622,76 euros, 65,64 euros máis que en 2012.

A liquidación do orzamento de 2013 pon de manifesto que non houbo conxelación fiscal, que subiron os impostos e que a cidadanía coruñesa pagou máis.

LIQUIDACIÓN INGRESOS201320122013-20122013-2012%
Capítulo 1 impostos directos94.081.012,8889.057.937,875.023.075,015,640232786
Capítulo 2

Impostos indirectos

8.669.412,257.298.667,521.370.744,7318,78075315
Capítulo 3 Taxas, prezos públicos e outros ingresos50.401.201,8940.775.179,729.626.022,1723,60755302
Total153.151.627,02137.131.785,1116.019.841,9111,68207786
Número de habitantes245.923246.146-223-0,09059664
Presión fiscal/habitantes622,7625192557,115635165,6468841711,78334982

O BNG sinala que a liquidación mostra que o total recadado polo Concello durante o 2013 no capítulo 1 impostos directos (aqueles que revirten nas propiedades físicas dos cidadáns, a renda xerada por unha actividade empresarial/comercial e plusvalías), foi de 94.081.012,88 millóns de euros, un 5,64% máis que en 2012. Así, por exemplo, no Imposto de Bens Inmóbeis de Natureza Urbana (IBI) en 2013 recadouse 57.453.680,35 millóns de euros, fronte aos 53.325.253,26 de 2012, un 7,19% máis, e no Imposto de Actividades Económicas (IAE) o Concello recadou 11.614.221,84 millóns de euros en 2013, fronte aos 11.405.226,53 de 2012, un 1,8% máis.

Tamén mostra a liquidación que o total recadado no capítulo 2 impostos indirectos foi de 8.669.412,25 millóns de euros, un 18,78% máis que en 2012; e que no capítulo 3, taxas, prezos públicos e outros ingresos, foi de 50.401.201,89 millóns de euros en 2013, un 23,60% máis que en 2012. Así, por exemplo, entre outras taxas cómpre sinalar que o recadado en 2013 polo servizo de sumidoiro foi de 2.944.630,36 millóns de euros, fronte a 2.684.404,16 en 2012, un 8,84% máis; na taxa de recollida de lixo en vivendas foi de 8.652.245,50 millóns de euros en 2013, fronte aos 7.698.514,88 en 2012, un 12,03% máis; na de servizos fúnebres e de cemiterios foi de 963.524,46 euros en 2013, fronte 909.003,91 en 2012, un 5,66% máis, ou o recadado polo servizo de axuda a domicilio foi en 2013 de 432.745,46 euros, fronte aos 267.137,06 de 2012, un 38,27% máis.

A liquidación de 2013, salientan as nacionalistas, pon de manifesto que o Partido Popular incrementou a presión fiscal nun 11,8%, encarecendo a vida dos cidadáns da Coruña e desmentindo a suposta conxelación fiscal da que tanto presume, día si, día tamén, o Sr. Negreira e o seu Goberno nas súas distintas declaracións. O Goberno Municipal segue a subir os impostos desde que goberna a cidade, provocando que os seus habitantes teñan que pagar máis.

O BNG denuncia que o incremento da presión fiscal por habitante en 2013 foi de 11,8%