O BNG denuncia o estado da superficie do parque da praza Salvador de Madariaga
A Coruña, 7 de xaneiro de 2014.- Veciñanza e familias que fan uso do parque infantil situado na parte alta da praza Salvador de Madariaga achegáronlle ao Grupo Municipal do BNG as súas queixas pola situación do estado en que se encontra o chan de dito espazo.
Así o verdín que se estende por parte da súa superficie pon en risco de caídas e lesións ás crianzas que alí xoguen. As familias que frecuentan este espazo comentaronlles ás concelleiras do BNG que a situación do chan provocou que estes días de ferias de Nadal non puideran facer uso deste parque ante o esvaradizo da súa superficie.
As nacionalistas reclaman a limpeza e o mantemento desta zona lúdica e salientan que o tan cacarexado Plan RÚA e o servizo de mantemento de parques infantís deberon de esquecerse de dito espazo.