O BNG considera que as Festa María Pita 2015 non cumpriron coas espectativas
A Coruña, 31 de agosto de 2015.- O BNG considera que as Festas de María Pita deste ano, alén de contar cun orzamento inferior ao millón de euros non estiveron ben organizadas nin o seu desenvolvemento estivo acorde coas expectativas levantadas no seu momento polo Goberno da Marea.
O BNG considera que as Festas de María Pita non cumpriron coas expectativas que o propio goberno da Marea levantou
Aínda que o BNG recoñece que o novo goberno da Marea se atopou cunha situación contrarreloxo para tentar pechar as Festas de María Pita deste ano xa que o anterior goberno do PP deixou case todas os solicitas dos barrios por tramitar, os obxectivos non poden entenderse como cumpridos. Deste xeito, consideran as nacionalistas, o Goberno municipal non poden felicitarse por un éxito que se basea nas máis que solicitadas suspensións das touradas e das casetas rexionais, eventos que evidentemente non poderían seguir celebrándose. Así, o BNG, sinala, que a grande aposta que anunciou no seu momento o goberno da marea consistente en descentralizar as Festas de María Pita non cumpriu nin de lonxe cos obxectivos trazados ao realizar unhas actividades nos barrios pouco coordinadas, mal organizadas e, sobre todo, en moitos casos, sen contar cunha comunicación fluída coas entidades socias e veciñais dos propios barrios, que foron nas que recaeu, nalgún dos casos, a realización das actividades e o peso organizativo das mesmas.
Alén de dispor dun orzamento inferior ao millón de euros, as festas estiveron mal organizadas, contaron cunha infraestrutura non acorde ás necesidades nos barrios e resultaron continuadoras co modelo anterior.
Asemade, indican as nacionalistas que, como se puido comprobar en distintos barrios, e non de xeito anecdótico, houbo actuacións programadas e anunciadas que se cambiaron de horario a última hora, ou mesmo se suspenderon por unha planificación non coordinada ou mesmo inexistente con actuacións de grupos de música que estaban pechados á mesma hora e data en distintos emprazamentos, tal e como aconteceu coa agrupación Cultural Donaire. Esta falta de coordinación tamén púidose ver no acontecido co concurso da empanada na romaría de Santa Margarida, ou mesmo a imposibilidade de poder realizar rastrillos e mercadillos populares, que se viñan realzando nos últimos anos, en diversas festas nos barrios alegando que non existe unha normativa que regule este tipo de actividades, sendo, asemade, actividades que tentan buscar o potenciamento do comercio de barrio e actividades de pequenas e pequenos artesáns e manufactureros.
Por último o BNG tamén detectou como nalgún evento se tivo que improvisar a última hora xa que tramitacións ou solicitas realizados con previsión non foron finalmente respondidos polo propio concello obrigando así incluso a suspender algunha actividade ou ter que anunciar cambios de emprazamentos in extremis.