O BNG condicionará calquera acordo orzamentario a que a moción dos Mallos teña plasmación nas contas do Concello para 2022

FJ
FJ
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que o grupo municipal nacionalista condicionará “calquera acordo orzamentario” no Concello a que os compromisos contidos na moción dos Mallos, aprobada por unanimidade nesta mesma sesión, teñan tradución nas contas da institución local para o próximo exercicio.
O BNG condicionará calquera acordo orzamentario a que a moción dos Mallos teña plasmación nas contas do Concello para 2022

Jorquera fixo este anuncio durante unha moción da Marea Atlántica e despois de que desde algúns grupos se lle “quitase valor” á aprobación por unanimidade da iniciativa sobre o barrio dos Mallos.

“Efectivamente toda moción é sempre unha declaración de intencións, de vontade política e non ten forza executiva. Mais se non concibimos a política como un xogo de aparencias, está claro que se se aproba unha moción será porque existe vontade política para a levar a cabo e cumprila”,  considerou Jorquera.

É certo que “as mocións non teñen consignación orzamentaria”, mais ese problema ten “fácil corrección”: abordar o asunto na próxima negociación entre os grupos sobre as contas do Concello para 2022.

Nese sentido, Jorquera anunciou que o BNG se compromete a “condicionar calquera acordo orzamentario a que todos os programas e liñas [contidos na moción dos Mallos] teñan consignación orzamentaria”. “Se todos os grupos fixesen o propio, estaría garantido que haxa dotación nos orzamentos de 2022”, concluíu.

O BNG condicionará calquera acordo orzamentario a que a moción dos Mallos teña plasmación nas contas do Concello para 2022