O BNG advirte da caída do número de visitantes na Torre de Hércules

O BNG advirte da caída do número de visitantes na Torre de Hércules

A Coruña, 9 de setembro de 2014.- En relación ás palabras no día de hoxe da concelleira de Turismo María Luisa Cid, en que salientaba que o número de visitas á Torre de Hércules durante os meses de xullo e agosto son semellantes aos do ano pasado, o Grupo Municipal do BNG sinala que os datos de 2013 reflectían un ano nefasto en canto visitantes ao monumento herculino.

E é que das memorias destes últimos anos pódense extraer os seguintes datos:

 

2009              2010             2011            2012          2013

 

Nº visitantes            149.000         139.000          131.000      83.000 (*)    116.000

 

(*) No 2012 o PP mantivo pechada, coa desculpa dunhas obras inexistentes, aTorre de Hércules 5 meses

 

Por tanto, sinalan as nacionalistas, se os datos dos meses de xullo e agosto deste ano son semellantes aos datos do ano pasado e se esta semellanza é continua durante todo o ano, estariamos ante un panorama que reflicte que o número de visitantes á Torre de Hércules segue á baixa.

 

 

O BNG advirte da caída do número de visitantes na Torre de Hércules