Axenda do grupo municipal do BNG para o venres 29N
Consignamos a seguir os actos en que este venres 29N van participar Francisco Jorquera e Avia Veira.
29 nov. 2019 - 11:09
- 11 h. Concentración de traballadoras e traballadores de Albada. Asisten Francisco Jorquera e Avia Veira.
- 18 h. Acendido do alumeado do Nadal en María Pita. Asiste Francisco Jorquera.
- 19 h. Colexio de Farmacéuticos da Coruña. Apresentación do libro "Guerra de Nervios", de Mónica Gallego, acto organizado pola Asociación Coruñesa de Epilepsia. Asiste Avia Veira.
- 20 h. Homenaxe, no seu primeiro cabodano, a Ramón Muñiz de las Cuevas, histórico dirixente do sindicalismo nacionalista no agro e presidente da Irmandade Moncho Valcárcel. No espazo cultural Portas Ártabras (Rúa da Sinagoga, número 22). Asisten Francisco Jorquera e Avia Veira.