DAVID SOTO LEVA O ASUNTO AO #^

As asociacións veciñais non son nin poden ser comisións de festas!

David Soto.
David Soto.
O papel que teñen que xogar as asociacións veciñais na nosa cidade é o argumento da pregunta oral que o concelleiro do BNG David Soto vai dirixir ao Executivo coruñés no Pleno do vindeiro xoves.
As asociacións veciñais non son nin poden ser comisións de festas!

“Cal considera o Goberno Local que debe ser a función das asociacións veciñais”, inquire o concelleiro nacionalista.

Soto fai esta pregunta porque o novo modelo de organización das festas populares dos barrios polo que aposta o Goberno Local obriga as asociacións veciñais a se converteren en comisións de festexos, cousa que non son nen deben ser en absoluto.

“Queremos lembrar que as asociacións veciñais son entidades nas que o traballo é voluntario e non remunerado e que, por tanto, dificilmente poden asumir unha elevada carga de tarefas administrativas ás que se verían obrigadas se for adiante este novo modelo de organización das festas”, sinala Soto.

Que o Goberno Local obrigue as asociacións veciñais a que asuman elas a organización das festas –“e facelo, ademais, sen diálogo e contra o seu criterio”, critica Soto- é tanto como pór en risco a súa celebración en non poucos barrios da Coruña.

“As festas son un vector de cohesión na cidade e un momento para a veciñanza ter espazos común de celebración. Entendemos e compartimos as críticas das asociacións veciñais. O Goberno Local ten que dialogar con elas e non impor un modelo amplamente contestado”, conclúe Soto.

As asociacións veciñais non son nin poden ser comisións de festas!