Albada non pode chantaxear nin o Goberno nin o conxunto da cidadanía
A Coruña, 30 de agosto de 2013.- O Grupo municipal do BNG manifesta, ante a chantaxe que a empresa quere colocar á cidade, que Albada non empregue o lume na planta de Nostián do pasado martes como excusa para evitar a reciclaxe e transformar Nostián nun centro de transferencia.
Albada, subliñan as nacionalistas, non está en condicións de chantaxear nin ao Goberno, nin ao concello, nin á cidadanía na medida en que é a responsábel da situación actual e das súas consecuencias, xa que esta empresa concesionaria dun servizo público incrementa os seus beneficios e empeora as condicións laborais dos traballadores, e ademais non cumpre coa cidadanía, xa que segundo información dos traballadores, non está a cumprir cos seus deberes, a reciclaxe e o tratamento do lixo, polo cal se está a cobrar a taxa aos veciños e ás veciñas da cidade.