Na sesión de control ao Goberno Local durante o #PlenoDecembro, a concelleira do BNG Mercedes Queixas alertou o Executivo coruñés sobre os problemas que arrastran a Orquestra Sinfónica de Galiza -coa concesionaria do Pazo da Ópera a ter as instalacións en más condicións- e a Escola Municipal de Música -co convenio de xestión que vai caducar este mes de decembro sen que nada se saiba sobre unha nova encomenda que garanta o desenvolvemento do proxecto académico e o pagamento dos salarios ao cadro de persoal.
Queixas criticou que, após 6 meses de ter comezado o actual mandato, a alcaldesa non teña convocado aínda a Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música, órgano de que o BNG fai parte, precisamente para abordar estes problemas.