Novas

Jorquera, no Pleno sobre as Ordenanzas fiscais

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, interveu no Pleno en que se debateron e votaron as mudanzas nas ordenanzas fiscais. O BNG abstívose na maior parte delas, non por estar en desacordo co seu contido, senón por unha cuestión de formas: a tramitación do asunto por parte do Goberno Local estivo caracterizada pola improvisación, a falta de planificación e a ausencia de diálogo coas forzas da oposición.
Jorquera, no Pleno sobre as Ordenanzas fiscais