A pregunta total é a que no seu día inmortalizara o malogrado e mítico xornalista deportivo coruñés Lolo Gantes, cando, nunha conferencia de prensa e dirixíndose ao naquela altura adestrador do Deportivo, inquirira: “Arsenio, que?”.
Pois iso mesmo preguntará Jorquera no Pleno deste xoves 12 de xaneiro ao Goberno Local. “E formulamos así a pregunta”, esclarece o voceiro nacionalista no Concello, “porque xa non sabemos como preguntarlle ao Goberno de Inés Rey pola Casa Cornide para que dea unha resposta concreta”.
Unha resposta concreta sobre cando vai presentar, se finalmente o vai facer, a demanda para este palecete, que no seu día foi sede do Concello e que foi usurpado durante a ditadura polos Franco, ser restituído ao seu lexítimo dono, o pobo da Coruña.